"O discurso de Martiño Noriega para explicar a municipalización da ORA está tuneado e é tramposo e falso"
Agustín Hernández reiterou en rolda de prensa que o único propósito do Partido Popular é que “o servizo funcione ben e que se dean á veciñanza as explicacións necesarios”
O voceiro do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, solicitoulle ao Goberno de Martiño Noriega que faga un exercicio de transparencia cara aos veciños de Santiago e identifique os custos reais da municipalización da ORA e do guindastre.
Para Hernández, o único que está a facer Compostela Aberta é un discurso “tuneado, falso e tramposo, cheo de alusións tremendistas, onde o de menos son os datos reais”, mentres que o Partido Popular está “á procura de certezas, deixando atrás o etéreo”.
Durante a súa comparecencia insistiu en que “si recuperar os servizos públicos para a xestión directa, neste caso dunha empresa municipal, é un tema ideolóxico esiximos claridade, transparencia e información, posto que é lexítimo ter unha ideoloxia que pase por xestionar a través de empresas públicas como é o caso de Tussa, pero máis importante é trasladar á veciñanza cales son as consecuencias económicas desta decisión”.
Hernández remarcou que para o Grupo Popular “é imprescindible coñecer os datos reais, saber os custes, para poder xustificar esta decisión, hai que saber porqué o Concello, por unha cuestión ideolóxica, non elixe a forma de xestionar máis eficaz e eficiente”.
Agustín Hernández subliñou que “si pagamos máis pola prestación dun servizo teremos menos recursos para outras necesidades, e é obvio que o Concello de Santiago ten moitas outras necesidades”.
Así, o voceiro Popular reclamou ao alcalde Martiño Noriega “a presentación pública as contas reais da ORA e do guindastre, que as compare cos custes que tiña este servizo cando o prestaba a anterior empresa e tamén coa memoria xustificativa do expedente”.
Hernández solicita información sobre “o recoñecemento de pago no mes de xullo de máis de 200.000 euros a Setex e cal será o destiño dos vehículos que estaban depositados nas instalacións da empresa anterior” .
Agustín Hernández quixo remarcar que o interés do Partido Popular por este asunto “é que o servizo sexa o mellor e o más eficaz para os veciños de Santiago, posto que a costume do Goberno de Compostela Aberta é despexar os problemas pasándolle a culpa a outros”.
Hernández destacou que o seu grupo denunciou desde o principio “a celeridade en levar a cabo o proceso, sen unha análise seria nin sobre os custes, nin a repercusión sobre os parquímetros, nin sobre a aplicación informática, ou a xestión do persoal, entre outras”.
Lembrou que as novas sobre a xestión da ORA que están a aparecer son negativas, tanto na reducción de tempo para a anulación das sancións, a aplicación da rotación de vehículos sen avisar con tempo, sen que se teñan solucionados os aparcamentos alternativos, é dicir, todo parece ir en contra dos veciños.