miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

María José Bello, unha amesá triunfando en Bruxelas coas alfombras florais

María José Bello, unha amesá triunfando en Bruxelas coas alfombras florais
María José Bello, unha amesá triunfando en Bruxelas coas alfombras florais

A delegación española elaborou un tapiz adicado aos monumentos declarados Patrimonio da Humanidade, como a Catedral de Santiago

En Bruxelas déronse cita alfombristas chegados de Xapón, Alemaña, Italia, Malta, Bélxica, España e México, que foi o país convidado para o deseño da gran alfombra. 

Esta confeccionouse con medio millon de begonias, dalias, céspede e corteza. A delegación de España elaboró, ademáis, un tapiz adicado aos monumentos declarados Patrimonio da Humanidade, entre os que estaba a Catedral de Santiago. 

A delegación de Bueu, da que participaba a amesá Maria José Bello, chegou a Bruselas o pasado martes e na madrugada do xoves comezaron a confeccionar a gran alfombra da Grand Place. 

Os e as integrantes da delegación colaboraron cos pétalos en varias partes da alfombra, como na central, onde se deseñou un gran paxaro propio dos bordados da cultura otomí. O xoves pola noite inaugurouse a alfombra cun gran espectáculo de xogos de luces. 

A delegación de Bueu puido ver o espectáculo dende o balcón do Concello, momento que aproveitou para ondear unha bandeira de Galicia.

O venres, a primeira hora, a delegación de Bueu comezou a traballar na confección das outras alfombras internacionais na Praza da Bolsa. 

A delegación española elaborou un tapiz adicado aos monumentos declarados Patrimonio da Humanidade, como a Catedral de Santiago, o acueducto de Segovia ou a igrexa de Santa María del Naranco, entre outros.

Para a amesá María José Bello “foi unha experiencia moi enriquecedora e un inmenso placer compartir estes dous eventos con persoas tan marabillosas. A convivencia con outras delegacións e culturas fixo da estadía en Bruxelas uns días inesquecibles”. 

Comentarios
Lo más