Excarcerado un home ao quedar atrapado no seu vehículo nun accidente
06:30 21/08/18
06:30 21/08/18
A vítima tivo que ser excarcerada polos bombeiros da Lugo ao quedar atrapada nun dos vehículos accidentados
Un home resultou ferido esta tarde en Lugo nunha colisión na que se viron implicados dous coches. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos bombeiros da cidade ao quedar atrapada nun dos vehículos accidentados.
Sucedeu na rúa da Industria, á altura do número 94, ao fío das 13:15 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do sinistro.
Decontado, dende o CIAE 112 Galicia se puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local e dos Bombeiros de Lugo.