miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ribeira acolle a exposición adicada ao arquitecto Alejandro de la Sota

Ribeira acolle a exposición adicada ao arquitecto Alejandro de la Sota
Ribeira acolle a exposición adicada ao arquitecto Alejandro de la Sota

A exposición, que se prolongará ata o 1 de setembro, está formada por oito cubos nos que se reflicte dunha maneira gráfica a traxectoria do arquitecto

Organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a praza da Porta do Sol acolleu esta mañá o acto inaugural dunha exposición dedicada ao arquitecto Alejandro de la Sota: en palabras do delegado compostelán do COAG, Santiago García Suárez, “el más importante arquitecto español de la segunda mitad del siglo XX”.

Ademais de García Suárez, o evento contou coas intervencións de Juan de la Sota Rius, fillo do homenaxeado, e do alcalde Manuel Ruiz.

No seu discurso, de la Sota incidiu en dous pezas que evidencian os vínculos do seu pai con este municipio: por unha banda, o retrato que fixo con oito ou nove anos da súa bisavoa Ramona Correa Mariño, veciña de Riveira que residía na “casa de los duendes”, sendo o primeiro debuxo firmado de que se ten constancia do xenial autor; e por outra parte a acuarela dunha onda rompendo nunha rocha que, en palabras do seu descendente, “define muy bien su manera de actuar como arquitecto: observar y una vez comprendido lo que se ha observado, dibujar”. 

De la Sota Rius -que dende fai trinta anos vive a cabalo entre Pontevedra e Corrubedo e agora se considera “un riveirense más”- finalizou a súa intervención dicindo que “en toda la obra de Alejandro de la Sota está la ola y está la bisabuela” .

O alcalde Manuel Ruiz opinou que é importantísimo fixar nas nosas conciencias o que era a figura de Alejandro de la Sota e poder trasladar iso ao que ten que ser a Riveira do futuro para non cometer os erros do pasado.

A exposición, que se prolongará ata o 1 de setembro, está formada por oito cubos nos que se reflicte dunha maneira gráfica a traxectoria do arquitecto responsable de obras de tanta sona como o Gimnasio Maravillas ou o edificio do Goberno Civil de Tarragona.

Ao culminar a inauguración os fillos Juan e Alejandro de la Sota Rius fixeron unha pequena visita guiada pola mostra.

Comentarios
Lo más