miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

"Monumenta, andar con arte" achégase hoxe sábado a Ordes

"Monumenta, andar con arte" achégase hoxe sábado a Ordes
"Monumenta, andar con arte" achégase hoxe sábado a Ordes

A cita será no concello de Ordes, ás 18:00 horas

O ciclo Monumenta, andar con arte achégase hoxe sábado 18 a Ordes coa andaina Meigas e feitizos con Gustav Henningsen, coa que a Consellería de Cultura e Educación segue os pasos do antropólogo danés, que buscou na vila coruñesa as pegadas da Inquisición e da bruxería hai máis de 50 anos. O camiñante convidado nesta ocasión é o profesor de música e investigador Xavier Groba González, e da man do Colectivo Mutante Creativo os participantes na actividade farán tamén unha visita guiada pola arte urbana da vila.

A cita será no concello de Ordes, ás 18:00 horas e a andaina, de tres quilómetros e dificultade baixa, terá lugar polas vías centrais da vila, para ver os murais nas fachadas dos edificios. Xavier Groba, coautor de Gustav Henningsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968 (a Central Folque, 2017) conversará cos participantes sobre o mundo máxico que coñeceu o folclorista danés durante a súa estadía de preto dun ano na vila, estudando a súa vida e os seus costumes.

A proposta musical chega da man de Tralo-Valo, o dúo composto pola tocadora Carme da Pontragha e o zanfoneiro Ariel Ninas que interpretarán pezas do repertorio gravado polo antropólogo nos anos 60 en Galicia.

Comentarios
Lo más