"Os Populares temos claro que ao Goberno de Compostela Aberta non lle interesa que os seus veciños coñezan o que se fai cos cartos"
O grupo que dirixe Agustín Hernández reitera as súas denuncias "pola ocultación de máis datos en materia económica"
O Grupo Municipal Popular destaca “a falta de compromiso do Goberno de Martiño Noriega para cumprir en materia de transparencia, sobre todo, no eido de contratos, concretamente, nos menores. Proba disto, é que o último contrato menor publicado é do pasado mes de marzo, polo que levan cinco meses sen facilitar datos, tal e como se pode comprobar no seguinte enlace: https://goo.gl/abDhm8”.
“Con esta reiterada forma de facer política, os Populares temos claro que ao Goberno de Compostela Aberta non lle interesa que os seus veciños teñan coñecemeno de a quen contratan a dedo”.
O Grupo que dirixe Agustín Hernández lémbralle a CA que a Lei ordea ter publicados estes datos, “que telos á vista do público non é unha opción, é unha obriga, polo que resulta curioso ter que recordarlle isto ao equipo de Martiño Noriega, cando sempre presumen de coherencia e transparecia, pero vendo a realidade os seus actos nada din deste compromiso”.
Para o PP, “existen moitos exmplos do xogo ás agachadas que mantén CA cos datos do destiño do diñeiro público dos santiagueses, posto que, o Goberno de Compostela Aberta publicou o último listado de contratos maiores hai xa dous anos, en 2016, tal e como se pode observar neste enlace: https://goo.gl/zzyQLF”.
Por outra banda, o grupo que dirixe Agustín Hernández reitera as súas denuncias "pola ocultación de máis datos en materia económica, xa que outro mes máis, o último estado de execución trimestral o orzamento Publicado é de setembro de 2016 (https://goo.gl/5ani8F)”.
Con todo isto, “para os Populares queda moi patente que dar coñecemento aos veciños sobre que se fai cos cartos, non é ningunha prioridade, nin unha preocupación para o Goberno de Martiño Noriega, xa que, a pesar de estar case a finais do mes de agosto, o último estado de execución de gastos do seu grupo municipal que se atopa publicado, corresponde ao primero trimestre deste mesmo ano.”.