Hoxe as temperaturas ascenderán moderadamente
06:30 18/08/18
06:30 18/08/18
En Santiago de Compostela a máxima será de 27 grados e a mínima de 14 grados
O sábado Galicia queda na influencia do anticiclón dos Azores, con ventos do nordés. Así, agárdase unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados en toda a Comunidade.
As temperaturas mínimas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos, mentres que as máximas ascenderán moderadamente. O vento soprará do nordés, frouxo na metade sur e moderado no resto, con intervalos fortes entre Bares e Fisterra.
En Santiago de Compostela a máxima será de 27 grados e a mínima de 14 grados.