Acusan a Noriega de electoralismo "descarado"
O concelleiro socialista lembrou as palabras pronunciadas por Noriega no seu día, afirmando que o seu goberno tiña convertido en "silencios" os "ruidos" da oposición cando se lle criticaba o modo de xestionar o problema das fochancas
O recente anuncio do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, de impulsar un plan plurianual de 5,7 millóns de euros para resolver o problema das fochancas na cidade é, para o voceiro socialista, Paco Reyes, unha medida "descarada" de electoralismo que, ademais, da a razón á oposición cando criticaba ao goberno pola xestión deste tema e a situación na que se atopan moitas rúas e camiños de Compostela.
Por outra banda, Reyes asegurou que "non se trata tanto de orzamentar como de executar o orzamentado", e a este respecto cuestionou esta anuncio millonario agora, cando, por exemplo, a liquidación de 2017 evidencia que os responsables municipais deixaron sen gastar 3,5 millóns de euros para a pavimentación de vías públicas, 2,5 para camiños veciñais ou 2,6 millóns para actuacións integrais en vías públicas.
O concelleiro socialista lembrou as palabras pronunciadas por Noriega no seu día, afirmando que o seu goberno tiña convertido en "silencios" os "ruidos" da oposición cando se lle criticaba o modo de xestionar o problema das fochancas, e lembrou ao alcalde que se agora anuncia un investimento de 5,7 millóns de euros é que, como vén denunciando o grupo socialista en todo este tempo, ou no se atenderon ou non se fixeron ben e saíron de novo, "Ademais de ser totalmente electoralista, a menos dun ano das eleccións municipais, o anuncio de Martiño Noriega da a razón á oposición", afirmou Reyes.
Para o voceiro, a execución do orzamentado é fundamental para poder resolver os problemas, xa que, como subliñou, de nada sirve facer anuncios se logo non se desenvolven. "Se trata de executar o orzamentado", dixo Reyes, que comparou as políticas de Compostela Aberta coas do PP, "que presentaba un documento con moitas actuacións e partidas e logo nunca se executaban". Os datos da liquidación de 2017 constatan estas críticas de Paco Reyes, xa que CA deixou sen gastar 3,5 millóns para pavimentación de vías públicas e 2,5 para camiños veciñais, así como 2,6 millóns para actuacións integrais en vías públicas.