A rapidez e eficiencia dos Bombeiros de Ourense permitiu controlar o lume que tivo lugar na Cuña en pouco máis dunha hora
Á zona afectada polo lume desplazáronse dúas autobombas do Parque de Bombeiros, unha delas a de maior capacidade do parque móbil, que sairon ás 18,16 horas e as 18,37 cara a zona afectada e que volveron as instalacións ás 19, 31 horas
A rapidez e eficiencia do Corpo de Bombeiros de Ourense permitiu controlar en pouco máis dunha hora o incendio que tivo lugar esta tarde no barrio de A Cuña, sen que se produxeran situacións de perigo para a poboación.
Á zona afectada polo lume desplazáronse dúas autobombas do Parque de Bombeiros, unha delas a de maior capacidade, que sairon ás 18,16 horas e as 18,37 cara a zona afectada e que volveron as instalacións ás 19, 31 horas.
Descoñecese a orixe do incendio, no que se queimaron catro vehículos: dous turismos, un furgón e unha furgoneta. Non se coñece aínda en qué situación estaban, pero non se descarta que algún deles estivera abandonado.