miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Demandan melloras de accesibilidade no Polígono do Tambre

Demandan melloras de accesibilidade no Polígono do Tambre
Demandan melloras de accesibilidade no Polígono do Tambre

CxG quere que se eliminen as barreiras arquitectónicas do polígono

Compromiso reclama que se eliminen as barreiras arquitectónicas no Polígono do Tambre, así como que se reparen as beirarrúas en mal estado e outras que superan os 10 centrimetros de altura. 

Dende a formación galeguista ven con preocupación que non se cumpra a Lei xeral dos dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, que establece a obrigatoriedade de eliminar as barreiras arquitectónicas nas edificacións, contorno urbán e transporte público. 

O polígono do Tambre, con 41 anos de historia, 400 empresas e 6.500 empregos directos no seu conxunto, é o centro de traballo máis grande da cidade e debería ser un exemplo en materia de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas. 

Dende Compromiso ven unha necesidade urxente en que se acometan as obras de mellora e accesibilidade.

Comentarios
Lo más