Recepción no concello de Ribeira a vintecinco taekuondistas de Islandia, Noruega e Suecia
Juan Luis Martínez, director deportivo do mesmo, sinalou que coas incorporacións de Noruega e Islandia, xa son 59 os países que teñen recalado no municipio ribeirense a invitación do club de taekuondo local
Un total de 25 taekuondistas procedentes de Islandia, Noruega e Suecia están a pasar uns días en Ribeira gracias á invitación do Club Natural Sport Videlgi. Onte foron recibidos no Concello polo alcalde Manuel Ruiz.
Os combatentes pertencen aos clubs Tveita (Noruega), Soo Shim (Suecia) e Einherjar (Islandia). Adoitan viaxar xuntos baixo o nome de "Team Nordic.The Champions Factory" en busca de lugares onde perfeccionar a súa aprendizaxe deste deporte de combate, como é o caso do Natural Sport.
Juan Luis Martínez, director deportivo do mesmo, sinalou que coas incorporacións de Noruega e Islandia, xa son 59 os países que teñen recalado no municipio ribeirense a invitación do club de taekuondo local.