miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Cinco fotógrafos e dez pintores expoñen na Casa do Concello nunha mostra colectiva

Cinco fotógrafos e dez pintores expoñen na Casa do Concello nunha mostra colectiva
Cinco fotógrafos e dez pintores expoñen na Casa do Concello nunha mostra colectiva

A posta en marcha desta exposición conta unha vez máis coa colaboración da galería O Faiado

Dentro da programación de eventos vinculados a Artemar Ribeira 2018, a Casa do Concello vai expoñer ata o 30 de setembro unha nova exposición titulada “Mostra colectiva de pintura e fotografía”, cuxa apertura contou coa presenza do alcalde Manuel Ruiz e numerosos veciños e artistas ademais doutros membros da Corporación.

Comprende as obras de cinco fotógrafos (María Porta, Marisol Penas, José Aller, Olegario Sampedro e Luis Polo) e dez pintores (María Regueira, Ralf Glasz, Perla Igual, Sara Maneiro, Laprislazuli, Rosa Vega, María José Pampín, Raquel Arbizu, Sergio Femar e Sofía Regueira).

A posta en marcha desta exposición conta unha vez máis coa colaboración da galería O Faiado.

Comentarios
Lo más