En Marea insta ao Goberno de Sánchez que anule os consellos de guerra sumarísimos
O deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán Vello vén de presentar unha batería de preguntas ao Goberno cuxa finalidade é a reparación da memoria do histórico dirixente nacionalista galego
O deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán Vello, vén de presentar no Congreso dos Deputados unha batería de preguntas ao Goberno de Pedro Sánchez encamiñadas a reparar a memoria e rehabilitar de forma pública e política a Alexandre Bóveda, histórico dirixente nacionalista.
Mañán, venres 17 de agosto, cúmprense 82 anos do asesinato de Bóveda por parte do exército golpista comandado por Francisco Franco, tras un Consello de Guerra sumarísimo que dictaría a pena capital para quen era secretario de organización do Partido Galeguista e responsable da Delegación Provincial da Facenda Pública en Pontevedra.
En Marea reclámalle ao Goberno de Pedro Sánchez que, en cumplimento da Ley de Memoria Histórica, anule o devandito Consello de Guerra e dé así conta das peticións do Informe do Alto Comisionado da ONU para promoción da verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición, Pablo de Greiff.
No seu informe de 2014, de Greiff solicita ao Goberno do Estado non só a reparación, senón a nulidade das sentencias ditadas polos fascistas, así como que estas beneficien “a todas as vítimas sen distinción”.
Por iso desde En Marea ínstase ao actual Goberno socialista a non só promulgar Declaracións de Reparación e Recoñecemento Persoal, como ten feito o PP, senón a tomar a iniciativa declarar a nulidade de todas as sentencias de morte promulgadas polo exército golpista, empezando por Bóveda.