Ferida unha persoa en Dozón ao envorcar o seu vehículo
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 23:00 horas da pasada noite
Unha persoa resultou ferida despois de envorcar o vehículo no que viaxaba cando circulaba á altura do concello pontevedrés de Dozón.
Ademais, foi precisa a intervención dos Bombeiros do Deza, que liberaron á persoa do interior do vehículo tras quedar atrapada polo cinto de seguridade.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 23:00 horas da pasada noite.
Foi unha persoa particular quen, a esa hora, alertou ao 112 dun coche envorcado na N-525, antes de chegar a Dozón. Indicaba ademais,que había xente no interior do turismo.
Recibido o aviso, os xestores do CIAE axiña puxeron os feitos en coñecemento do persoal sanitario, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Deza que, tras chegar ao punto, confirmaron a excarceración da persoa.
Unha ambulancia do 061 trasladou ao ferido ao centro hospitalario de referencia.