miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As oficinas da UCGAL en Ames mudan de horario durante o mes de agosto

As oficinas da UCGAL en Ames mudan de horario durante o mes de agosto
As oficinas da UCGAL en Ames mudan de horario durante o mes de agosto

Dispoñenen de dúas oficinas; unha en Milladoiro e outra en Bertamiráns

A Unión de Consumidores de Galicia ofrecerá á veciñanza amesá asesoramento en materia de consumo en espazos cedidos polo Concello situados en Bertamiráns e no Milladoiro. 

Os técnicos da UCGAL antenden ás persoas consumidoras do Milladoiro, nas instalacións da rúa Viorneira, número 6, baixo. Mentres que en Bertamiráns, as oficinas están instaladas no Pazo da Peregrina.

A UCGAL considera que o asesoramento presencial, un dos eixos principais sobre os que se articula o seu traballo, é fundamental. 

Cada caso presentado é estudado e a persoa usuaria informada das distintas vías de reclamación das que dispón en eidos que van desde o sanitario ó eléctrico pasando polo bancario ou o das telecomunicacións. As consultas poderanse realizar de forma presencial ou telefonicamente.

No mes de agosto as oficinas mudan de horario xa que en Bertamiráns atenderán o xoves 16 de agosto, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Na oficina de Milladoiro abrirá os martes 21 e 28 de agosto, no mesmo horario mencionado anteriormente.

Comentarios
Lo más