O Breogán ficha ao serbio Aleksandar Cvetkovic
Base con experiencia en ACB en Manresa e Estudiantes e que pode alternar coa posición de escolta
Aleksandar Cvetkovic (Belgrado, Serbia, 12/11/1993) é un xogador que destacou como un dos mellores xogadores novos da sua xeración, e que conta cun amplo historial internacional cheo de éxitos en varias categorías.
Formado no Estrella Roja acadou varios campionatos e subcampionatos na liga e copa do seu país, éxitos que colleitaría tamén no equipo macedinio MZT Skopje onde xogou entre 2013 e 2015 antes de recalar na campaña 2015-16 no Partizan tras unha pretempada co Valencia Básket de Liga Endesa.
En Belgrado foi subcampión de Liga e Copa antes de dar o salto a Liga Endesa da man do Manresa na campaña 2016-17 e defender as cores do Movistar Estudiantes o pasado curso.
Cvetkovic é un xogador moi intenso, excelente defensor exterior, con bo lanzamento e dominio do xogo de pick&roll e que pode alternar a súa posición de base coa de escolta.
Aleksandar Cvetkovic pasou satisfactoriamente os exames médicos e estará a disposición de Natxo Lezkano dende o inicia da pretempada.