miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Milleiros de persoas enchen Ordes para darlla a benvida ás festas de Santa María baixo o ritmo de Heredeiros da Cruz

Milleiros de persoas enchen Ordes para darlla a benvida ás festas de Santa María baixo o ritmo de Heredeiros da Cruz
Milleiros de persoas enchen Ordes para darlla a benvida ás festas de Santa María baixo o ritmo de Heredeiros da Cruz

A vila rexistrou un cheo total para ver aos reis do bravú

O arranque das festas patronais da Santa María de Ordes non puido ser mellor. E os máiximos responsables de que así fose foron os Heredeiros da Crus, que na noite de onte e baixo a consigna bravú congregaron a milleiros de almas que abarrotaron o centro da vila e transformaron a N-550 na mellor sala de concertos ao aire libre. O son melódico de Dani Royo foi preparando previamente ao público asistente.

Parece que que as terras ordenses serven de talismán para esta banda, que xa escollera a vila para a súa reaparición despois de anos de silencio aló polo 2012. Un detalle que con micro en man lembrou o líder da formación, agradecéndolle a este municipio a sorte que lles aporta. Outro dos momentos máis singulares foi a dedicatoria, e adaptación, dun dos seus temas á popular Pura. Unha desas veciñas singulares coñecida por todos e por todas e cuxa dedicación e entrega á Asociación Cultural e de Festexos da Vila de Ordes, organizadora destas festas, destaca especialmente.

De cara a hoxe os actos litúrxicos son unha parte ben sinalada do programa. Pasada o mediodía a imaxe da Santa María, patroa da xente de Ordes, descendía pola escalinata da igrexa que a alberga todo o ano e que recibe o mesmo nome. As autoridades, encabezadas polo alcalde José Luis Martínez Sanjurjo, encabezaron a comitiva que, tal e como manda a tradición, percorreron parte da avenida Alfonso Senra. Outros representantes que participaron nos actos deste día foron os concelleiros Ana Soneira, Susana García, José Manuel Mira, José Manuel Rodríguez e Pablo Vázquez. E por suposto os centos de veciños e veciñas que cada ano permanecen fieis a esta costume, ademais dos nenos e nenas que escolleron o día de hoxe para recibir a sagrada forma. A Banda Escola de Música de Rianxo foi a responsable de poñerlle música a este momento tan especial.

A música tradicional viu da man da Asociación Cultural Espadana, que tamén contaron con gaiteiros e cabezudos, mentres que as orquestras Palladium e Principal foron as que puxeron as temas máis actuais e os ritmos máis verbeneiros.

Día do emigrante

Mañá xoves, día 16, o protagonismo e o recordo será para todas as persoas emigrantes. No Día do Emigrante a xornada empezará cunha misa ás 13 horas, a cal lle seguirá a ofrenda floral no monumento erixido en memoria da diáspora galega. O matrimonio composto por Franciso del Río Gómez e Carmen Álvarez Palmas, emigrados a principios das décadas dos 60 e 70 respectivamente a Reino Unido, serán os representantes de tantos miles e miles de persoas que un día abandonaron a súa terra na búsqueda de posibilidades e un mellor futuro. A Banda de Música de Ordes e o grupo Acirema porán a nota musical desa mañá. Xa pola noite celebrarase o III Festival Folk coas pandeireteiras Leilía e os vigueses A Roda.

As orquestras Olympus e Ceniza pecharán as festas o venres. Ata entón no parque da Constitución estará instalada unha gran feira artesá con preto de 20 postos nos que se poden adquirir todo tipo de produtos realizados a man. Bixutería, complementos, coiro, xogos educativos, gravados en aceiro e ata un taller de vidro serán algunhas das ofertas.

Comentarios
Lo más