miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Feridas seis persoas nunha colisión en Arteixo

Feridas seis persoas nunha colisión en Arteixo
Feridas seis persoas nunha colisión en Arteixo

O accidente ocorreu na rúa Asno, á altura da parroquia de Suevos, ao fío das 1:20 horas

Unha colisión frontal na que se viron implicados dous turismos a pasada noite en Arteixo saldouse con seis persoas feridas. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, nun dos vehículos accidentados viaxaban cinco persoas e no outro coche implicado circulaba unha persoa. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as seis vítimas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario.

O accidente ocorreu na rúa Asno, á altura da parroquia de Suevos, ao fío das 1:20 horas. Nese momento, o persoal do 061-Urxencias Sanitarias contactaba co 112 Galicia para informar do sinistro.

Decontado, dende o CIAE 112 Galicia se pasou o aviso aos Bombeiros de Arteixo, a Protección Civil, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

Comentarios
Lo más