¿Está en boas condicións a Alameda de Compostela?
Para o grupo que dirixe Agustín Hernández “o estado do parque non é máis que outro exemplo do deslexo do Goberno de Martiño Noriega, que sempre se amosa distraído con temas decorativos e non arranxa os verdadeiros problemas da cidade”
O Grupo Municipal Popular reclama a posta en valor dun dos espazos máis emblemáticos da cidade, a Alameda compostelá, “unha zona que despois de moitas promesas de mellora segue na mesma situación, algo que ten preocupado aos veciños e aos usuarios desta zona de lecer”.
Para o grupo que dirixe Agustín Hernández “o estado do parque non é máis que outro exemplo do deslexo do Goberno de Martiño Noriega, que sempre se amosa distraído con temas decorativos e non arranxa os verdadeiros problemas da cidade”.
Desde o Grupo Popular “lémbranlle ao Goberno local que da promesa dun Plan Director para a Alameda compostelá nada se sabe, a pesar de que estaba comprometido nos orzamentos de 2017 do Consorcio, pero Compostela Aberta tomou a decisión de gastar os cartos noutras cousas”.
“O parque compostelán non está a vivir os seus mellores momentos, cabe lembrar que hai tan so uns días se producía a caída dunha pola de grandes dimensións no transitado Paseo dos Leóns, situación que non é novidosa, posto que son moitas as queixas que denuncian o mal estado dalgunhas árbores, o que supón un perigo evidente para os seus visitantes”, afirman os Populares.