Ascenden as temperaturas nun mércores festivo
06:30 15/08/18
06:30 15/08/18
En Compostela a máxima será de 30 grados e a mínima de 15 grados
O mércores Galicia mantense na influencia das altas presións, con entrada de aire cálido dende o sur peninsular. Así, agárdanse ceos pouco anubrados ou despexados en toda a Comunidade, con entrada de nubes baixas ao final do día polo litoral norte.
As temperaturas experimentarán un ascenso entre lixeiro e moderado. O vento soprará frouxo de compoñente norte, con réxime de brisas nas Rías Baixas e nordés moderado no litoral norte.
En Compostela a máxima será de 30 grados e a mínima de 15 grados.