miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Insisten na necesidade dun novo centro de saúde de Conxo

Insisten na necesidade dun novo centro de saúde de Conxo
Insisten na necesidade dun novo centro de saúde de Conxo

O concelleiro socialista pide ao Executivo autonómico que asuma os seus compromisos e leve a cabo, de forma urxente, a construcción do centro de saúde nun barrio que leva anos castigado por falla de servizos e equipamentos

"Que o actual centro de saúde de Conxo está saturado e que precisa dunhas novas instalacións é unha evidencia, e así mesmo o recoñeceu a Consellería de Sanidade, que en 2016 anunciara a construcción dunha nova unidade do barrio para dar unha atención axeitada en materia de saúde á veciñanza deste barrio compostelán", afirma Paco Reyes.

"Dous anos despois, a realidade é que nin aparece a partida nos orzamentos da Xunta e, ante a enorme demanda que existe e toda vez que Compostela Aberta ten convertido en aparcadoiro a parcela que se ía destinar ao centro de saúde". O voceiro socialista, Paco Reyes, insiste en reclamar á Xunta esta actuación.

O concelleiro socialista pide ao Executivo autonómico que asuma os seus compromisos e leve a cabo, de forma urxente, a construcción do centro de saúde nun barrio que leva anos castigado por falla de servizos e equipamentos, así como pola execución de obras que teñen afectado notablemente a sectores como o comercio ou a hostalería da zona.

De aí que Paco Reyes inste á Xunta a presentar un calendario no que figure o inicio destas obras, que suporían a resolución dos importantes problemas que existen na actualidade co actual centro de saúde, que excede considerablemente o número de doentes por facultativo e precisa de novos servizos e especialidades que agora non se poden implantar.

Ademais, o voceiro socialista lembrou que o Plan Director do CHUS volta de novo a retrasarse, nomeadamente no referido ao Médico-Cirúrxico, polo que incidiu na necesidade de dar un pulo ao que é o documento máis importante da área sanitaria. A este respecto, Reyes demandou un calendario, con "datas certas", para a ampliación do bloque cirúrxico, urxencias, e consultas do Clínico e para a reubicación prevista das camas do Gil Casares. Con respecto a Conxo, o edil esixiu o cumprimento do Plan Director nos termos da construcción dun novo bloque de hospitalización (no Médico-Cirúrxico), cunhas cen camas para doentes de media e larga estancia.

Comentarios
Lo más