miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Reclaman a urxente mellora da rúa do Pombal e a súa contorna

Reclaman a urxente mellora da rúa do Pombal e a súa contorna
Reclaman a urxente mellora da rúa do Pombal e a súa contorna

O Grupo Popular considera “que é indispensable arranxar o firme desta rúa, que se atopa en moi mal estado, polo que os veciños teñen que soportar as fortes vibración que provoca o tráfico”

O Grupo Municipal Popular reclama a urxente mellora da rúa do Pombal e a súa contorna “debido a que se atopa moi deteriorada o que supón un importante prexuízo tanto para os peóns como para os vehículos que transitan por este área”. Por todo isto, o grupo que dirixe Agustín Hernández, presentará unha iniciativa neste sentido no primeiro Pleno de setembro.

Neste momento, “existe un claro malestar entre os veciños e donos de establecementos hostaleiros que xa veñen denunciando o deixamento do Concello dende hai tempo, posto que o Goberno de Compostela Aberta non acometeu ningunha actuación que supuxera unha mellora na zona santiaguesa”.

“Nesta vía, os peóns atópanse con chanzos rotos, que afectan a súa seguridade e con herbas e fentos en case todo o trazado e que estreitan a vía reducindo a visibilidade, o que supón un grave risco para os viandantes. O descoido é algo patente nesta zona, polo que urxe unha actuación de mantemento e mellora de todo este espazo e de algunhas zonas da propia Alameda. Esta vía supón a unión coa rúa Galeras, que xa fora remodelada integramente pola Xunta de Galicia”.

O Grupo Popular considera “que é indispensable arranxar o firme desta rúa, que se atopa en moi mal estado, polo que os veciños teñen que soportar as fortes vibración que provoca o tráfico”.

Ademais, os Populares solicitarán na súa iniciativa que faga un estudo para reducir a velocidade dos vehículos, co fin de mellorar a seguridade da zona.

Finalmente, o Grupo Municipal Popular “lamenta o abandono que presenta a día de hoxe esta rúa, situada nunha das zonas máis emblemáticas da cidade, polo que demandan que, na maior brevidade posible, o Grupo de Martiño Noriega leve a cabo os traballos necesarios para devolver a normalidade a esta rúa”.

Comentarios
Lo más