SOS Sanidade Pública esixe a dimisión do Conselleiro de Sanidade e dos responsables do EOXI de Santiago de Compostela
A Plataforma quere expresar a repulsa e preocupación debido a que un paciente non se lle pudo prestar atención inmediata no PAC da Estrada
A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia quere expresar a repulsa e preocupación debido a que a un paciente non se lle pudo prestar atención inmediata no PAC da Estrada que quedou sen profesionais que cubrisen esa ausencia polas políticas de recortes e contratacións da Conslleria de Sanidade:
Por unha parte consideran que este suceso "é o resultado da política de recortes de recursos sanitarios (mentres se despilfarran recursos na colaboración público privada de centros, na concertación con centros privados ou en medicamentos innecesarios ) levada a cabo polo goberno da Xunta" para reducir gasto público e favorecer ao sector sanitario privado (cada vez máis potente en Galicia), algo que veñen denunciando desde fai anos dende a Plataforma.
Por outra parte afirman que "os recortes non afectan só aos servizos de urxencias (que carecen do persoal necesario para atender todas as urxencias), senón tamén a toda a Atención Primaria onde non se cobren as baixas e vacacións do persoal de medicina de familia ou se pechan consultas de pediatría". Isto xera situacións inaceptables como a masificación das consultas (máis de 50 pacientes ao dia), a aparición de listas de agarda nos centros de saúde (que superan amplamente a semana) ou que ás familias deban realizar grandes desprazamentos para que o seu fillos sexan atendidos por pediatras. Esta situación supón unha barreira que dificulta o acceso á asistencia, deteriora a calidade na atención, e Xera una gran malestar social e profesional. Si non se corrixe a tempo, a atención primaria pode entrar nun proceso de degradación de difícil reversión".
Como terceiro punto, consideran que "a escusa do SERGAS de que falta persoal dispoñible resulta inaceptable xa que é consecuencia da ausencia de planificación, dunha desastrosa política de persoal baseada na precarización (obriga a emigrar a moitos profesionais) e da incapacidade para xestionar o sistema dos actuais responsables da Conselleria e do SERGAS".
Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, esixen:
A dimisión do a dimisión do Consellerio de Sanidade e dos responsables do EOXI de Santiago de Compostela; o fin das políticas de recorte e desmantelamento da Sanidade Pública Galega, especialmente da Atención Primaria; a eliminación da tasa de reposición e a súa formula de computo, que so permite convocar as vacantes producidas no ano anterior, impedindo así convocar as xeradas entre o 2010 e 2016; un Plano de Estabilidade que permita converter en interinas, todas as prazas estruturais cubertas con contratos eventuais; reforzar os dispositivos de atención ás Urxencias nos PAC; e un Plan Urxente de Reposición de Recursos Orzamentarios e de Persoal.
O malestar social e profesional con esta situación e moi grande e pode abocar a novas mobilizacións se non se corrixe pronto esta política sanitaria da Xunta de Galicia.