miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os drons da Axega colaboran na búsqueda do home desaparecido en San Sadurniño

Os drons da Axega colaboran na búsqueda do home desaparecido en San Sadurniño
Os drons da Axega colaboran na búsqueda do home desaparecido en San Sadurniño

Minutos antes das 17:00 horas deste domingo, os axentes solicitaban ao CIAE a colaboración dos efectivos de Protección Civil para a busca dun home que faltaba do seu domicilio facía unhas tres horas

O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencia (AXEGA) colabora coa Garda Civil na procura do home desaparecido onte en San Sadurniño.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia da desaparición a través da Garda Civil. Minutos antes das 17:00 horas deste domingo, os axentes solicitaban ao CIAE a colaboración dos efectivos de Protección Civil para a busca dun home que faltaba do seu domicilio facía unhas tres horas, no lugar da Castiñeira, en Igrexafeita.

Así, dende ese momento, un amplo dispositivo formado por familiares, veciños, membros de Protección Civil das Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, Narón e GES de Mugardos forman parte do operativo que coordina a Garda Civil. Tamén, a Unidade de Cans de Salvamento de Galicia (CASAGA) participou no rastrexo.

Durante a tarde de hoxe, un helicóptero da Garda Civil e os drons da Axega sobrevoan a zona, sen que ata o momento, se obtiveran resultados positivos.

Comentarios
Lo más