miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Alberto Viaño, do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, imponse na XXXIII Edición do descenso do Tambre

Alberto Viaño, do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, imponse na XXXIII Edición do descenso do Tambre
Alberto Viaño, do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, imponse na XXXIII Edición do descenso do Tambre

Na baixada desde a ponte de Portomouro ata a praia fluvial de Tapia participaron padexeiros/as das categorías cadete, xuvenil, sénior e veterano

Un ano máis o río Tambre volveu a encherse de piraguas e canoas. Foron moitos os veciños e veciñas de Ames que se achegaron ata a área recreativa de Tapia para gozar do piragüismo e ver aos mellores padexeiros e padexeiras de Galicia, que se deron cita na XXXIII edición do descenso do Tambre. Arredor de 450 padexeiros/as competiron por alzarse cos premios nas distintas categorías. A baixada do Tambre, organizada polo Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre xunto co Concello de Ames é xa toda unha referencia para o piragüismo galego.

Na baixada desde a ponte de Portomouro ata a praia fluvial de Tapia participaron padexeiros/as das categorías cadete, xuvenil, sénior e veterano. Dentro destas categorías competiron arredor de 50 padexeiros e padexeiras que tiveron que percorrer unha distancia de 5.400 metros. Tampouco faltou o circuíto da praia fluvial, reservado ás categorías benxamín, alevín, infantil que percorreron 1.500 metros. Nas categorías de nenos/as participaron arredor de 400 padexeiros/as.

Gañadores/as no descenso do Tambre

Na categoría sénior K-1 masculina o gañador foi Alberto Viaño, do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre. Nesta proba houbo dous padexeiros, Marcos del Río e Gonzalo Diz, do Club Ribeiras do Tambre que quedaron entre os primeiros. Na categoría xuvenil K-1 masculina gañou Ángel González do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, mentres que David Otero e Juan Alfredo, do mesmo club, quedaron quinto e sexto. Na proba xuvenil K-1 de mulleres a primeira posición foi para Lorena Viaño e a segunda para Andrea Tuñas, ambas do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre. Na categoría cadete K-1 masculina o gañador foi Mateo López do Club Cabanas KDM, mentres que Abel Álvarez do Club Ribeiras do Tambre quedou segundo.

Na categoría feminina quedou na primeira posición Alicia Medina e Laura Ardions de segunda, ámbalas dúas do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre. Por último en canto ao descenso do Tambre na categoría masculina de veteranos K-1, gañou o padexeiro Humberto Fernández do Club Kayak de Mar Ría de Muros-Noia.

Gañadores/as na proba de circuíto

En canto á proba de circuíto, na categoría masculina os gañadores foron: Abel Álvarez do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre (cadete K-1), Miguel Iglesias do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro (cadete C-1), Mauro Domínguez do Club Piragüismo Rianxo-Toffe (categoría infantil A K-1), Martín Antelo do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre (categoría infantil B K-1), Raúl Fernández do Club Piragüismo Rianxo-Toffe (categoría infantil B C-1), Óscar Juan Allegue do Cluba Naútico Firrete (categoría alevín A K-1), Yeray Niebla do Club de Piragüismo Narón (categoría alevín B K-1), Pedro Dámaso do Club Náutico Firrete (benxamín K-1) e Mateo José Allegue do Club Náutico Firrete (prebenxamín K-1)

Nas categoría feminina da proba de circuíto as gañadoras foron: Irene Lata do Club Ría de Betanzos (cadete K-1), Antía Romero do Club Piragüismo Rías Baixas-Boiro (cadete C-1), Andrea García do Club Cabanas KDM (categoría infantil A K-1), Inés Domínguez do Grupo Xuvenil-Matojoma (categoría infantil B K-1), Celia Montero do Club Náutico Firrete (categoría alevín A K-1), Aroa Rodríguez do Club Ría Betanzos (categoría alevín B K-1), Saray Guilbert do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre. (benxamín K-1) e Sabela Fernández do Club de Piragüismo Rianxo-Toffe (prebenxamín K-1).

Ribeiras do Tambre

O Club de piragüismo Ribeiras do Tambre participou nesta proba con 50 padexeiros/as (15 no descendo do Tambre e 35 na proba do circuíto) dos que 15 acadaron medalla. Do mesmo xeito, no descenso, Alberto Viaño quedou primeiro na categoría senior K-1, Ángel González e Lorena Viaño gañaron na categoría xuvenil K-1, e Alicia Medina proclamouse vencedora na de cadete K-1. No circuíto, Abel Álvarez quedou en primeira posición na categoría cadete K-1, Martín Antelo na Infantil B K-1 e Saray Guilbert na categoría benxamín K-1.

Comentarios
Lo más