Maxia e gargalladas co mago Popím
12:30 12/08/18
12:30 12/08/18
Persoas de tódalas idades puideron disfrutar dunha tarde chea de maxia
Popím, o pallaso máis divertido e inxenioso volveu a pasar por Ordes. E como sempre fai animoulle a tarde a todas e a todos os que se pasaron pola alameda para desfrutar dun novo espectáculo do programa Unha viaxe pola cultura.
Pero non só gargalladas despertou este animado personaxe entre o público, xa que tamén deixou coa boca aberta a máis dunha persoa do público cos seus impactantes trucos de maxia.