miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O PSdeG aplaude que o goberno busque “solucións” ao “problema que xerou o PP” para a entrega da recadación do IVE ás comunidades

O líder dos socialistas galegos volveu reclamar a Feijóo “lealdade institucional” cun goberno que está “aportando solucións aos problemas xerados polo PP” na anterior etapa.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, puxo en valor a busca de “solucións” por parte do goberno socialista ao “problema que xerou o PP” no relativo á entrega da recadación do IVE ás comunidades autónomas.

Tralo “exercicio de cinismo” de Feijóo, que tivo que recoñecer ante a ministra de Facenda que a situación actual é consecuencia dos cambios normativos impulsados na etapa do PP, púxose de manifesto o “compromiso” do goberno que encabeza Pedro Sánchez coa “mellora da financiación” das autonomías.

De feito, como xa ten sinalado o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, onte a ministra amosou a súa vontade de “explorar unha solución dialogada e multilateral” que permita “reverter o efecto negativo” que ten sobre as arcas autonómicas “o cambio na xestión do IVA que aprobou o anterior goberno”.

Neste escenario, o líder dos socialistas galegos volveu reclamar a Feijóo “lealdade institucional” cun goberno que está “aportando solucións aos problemas xerados polo PP” na anterior etapa.

Comentarios
Lo más