miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O BNG reclama mellorar a planificación horaria para o inicio do curso nos centros deportivos municipais

O BNG reclama mellorar a planificación horaria para o inicio do curso nos centros deportivos municipais
O BNG reclama mellorar a planificación horaria para o inicio do curso nos centros deportivos municipais

Recibiu queixas de clubs, agrupacións e familias porque sempre se prioriza o fútbol e non dispoñen con tempo suficiente os horarios para outros deportes

O grupo do BNG de Santiago recórdalle ao Goberno de Compostela Aberta que en outubro de 2017 trasladou unha iniciativa ao Pleno para que o departamento de Deportes mellore a planificación de usos dos centros deportivos municipais e axilice a distribución de espazos e horarios para que as entidades e particulares poidan organizar as súas actividades.

Tendo en conta que se aproxima o inicio do curso escolar e a tempada na práctica de deportes individuais e colectivos, cómpre lembrarlle o compromiso adquirido polo Goberno de Compostela Aberta para mellorar o sistema de horarios de instalacións deportivas para a práctica das súas actividades.

A tardanza na adxudicación de horarios nas instalación deportivas impide unha boa programación dos clubs e mesmo das familias, pois non saber de que día e hora se vai dispor dun determinado pavillón implica prexuízos e desordes que en moitas ocasións derivan na suspensión da actividade por problemas de conciliación e coordinación.

Ademais, o BNG recibiu queixas de clubs, agrupacións deportivas e familias sobre a prioridade de uso das instalacións deportivas ao fútbol, que provoca que sempre queden relegados outro tipo de deportes.

Comentarios
Lo más