Demandan ao concello que cumpra a Lei de Montes de Galicia
Non é admisible que se incumpra a lei nas fincas de titularidade municipal
Compromiso denuncia o estado no que se atopan varias fincas de titularidade municipal, completamente cheas de maleza, a escasos metros das casas e invadindo as beirarrúas.
Dende a formación galeguista denuncian que o Concello incumpre a Lei de Montes de Galicia ao non ter actuado nas fincas da súa titularidade, como sucede en Santas Mariñas, no barrio de Sar e no Castiñeiriño, a pesar das peticións que leva feita a veciñanza dende hai meses, ao estar a maleza a invadir as súas vivendas.
Na mesma situación atópase a finca situada ao carón do Conservatorio Profesional de Música, no que a maleza invade a beirarrúa e a finca atópase nun estado de abandono dende fai moito tempo, a pesar das distintas peticións feitas ao Concello para que leve a cabo un aparcadoiro gratuíto e así evitar ter o espazo a monte en plena cidade.
Compromiso quere lembrar que que a modificación da Lei rebaixa a 50 metros a franxa de seguridade entorno a edificacións, vivendas, urbanizacións, depósitos de basura, campins, gasolineiras, parques e instalacións industriais; e de 4 a 10 metros de estradas, vías rápidas e autovías.