Agrón prepárase para a súa festa neste fin de semana
O venres conmemórase o día de San Lourenzo, o sábado o do Santísimo Sacramento e o domingo o de San Roque.
A parroquia de Agrón celebra, como cada ano, as súas tradicionais festas os días 10, 11 e 12 de agosto, que este ano coinciden coa fin de semana.
Así, o venres conmemórase o día de San Lourenzo, o sábado o do Santísimo Sacramento e o domingo o de San Roque. Durante os tres días haberá misas cantadas e varias actuacións musicais.
Seguindo coa axenda de festexos que copan o mes de agosto, esta fin de semana celebraranse tanto as festas de Agrón como as da Peregrina. En Agrón comenzarán os festexos o venres, 10 de agosto, ás 13:00 horas cunha misa solemne na honra de San Lourenzo.
A continuación, a sesión vermú correrá a cargo do dúo Nueva Era, formación que repetirá na verbena da noite xunto á orquestra Furia Joven.
O sábado, 11 de agosto, terá lugar unha misa na honra do Santísimo Sacramento, mentres que a sesión vermú será amenizada pola banda de gaitas e o grupo de baile Os Castros de Ames. Xa pola noite, as actuacións correrán a cargo do grupo Arena e Disco Glass.
O último día das festas será o domingo, 12 de agosto, no que se conmemora o San Roque. Logo da misa cantada, a orquestra Los Españoles será a encargada da actuación musical tanto durante a sesión vermú como na verbena.
Dende a comisión de festas de Agrón animan á veciñanza a participar dos festexos e lembran que o campo da festa contará con cantina e aparcadoiro para deixar os coches.