O Santiago Futsal comeza os adestramentos na volta á segunda división
O persoal do Santiago Futsal comezou esta tarde o traballo de pretemporada
O Santiago Futsal volveu esta tarde ao traballo tras o parón polo período vacacional. O equipo que dirixe Santi Valladares asistíu pola mañá á recepción por parte do presidente do club, Ramón García; o director xeral, Miguel Fernández e o técnico padronés.
Pola tarde celebrouse a primeira sesión de traballo físico nas instalacións deportival do Municipal de Santa Isabel.
Un total de 14 xogadores exercitáronse baixo as ordes do corpo técnico do Santiago Futsal. Ás continuacións de Iago Barro, Santi, Isma, Zequi e Everton; súmanse as incorporacións de Lucas Moreira, Álex Pérez, Dani Zurdo, Dani Blanco e Jorge Montiel. Brian Niebla; xogador canario do filial santiagués, e Pedro Liñeira; porteiro canteirán do segundo equipo, formarán parte do primeiro persoal.
Outro canteirán, neste caso o internacional Sub-18 Alberto Mirás realizará a pretemporada co primeiro equipo. O xogador lucense Adrián Rodríguez estará a proba co Santiago Futsal durante o devandito período preparatorio.
Os de Santi Valladares exercitaranse en dobre sesión diaria coa intención de chegar en plena forma ao arranque ligueiro que lles enfrontará a Bisontes Castellón FS o vindeiro domingo 16 de Setembro. Nos vindeiros días coñecerase o calendario de amigables de pretemporada do equipo.