miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Catro feridos nun accidente de coche en Arteixo

Catro feridos nun accidente de coche en Arteixo
Catro feridos nun accidente de coche en Arteixo

O accidente ocorreu onte, sobre as 21:45 horas, ao redor do punto quilométrico 12 da AG-55, dirección Carballo

Un accidente ocorrido na Autovía deixa catro persoas feridas das cales unha delas tivo que ser liberada do interior dun dos vehículos.

O accidente ocorreu onte, sobre as 21:45 horas, ao redor do punto quilométrico 12 da AG-55, dirección Carballo. Foi a esa hora, cando os servizos sanitarios de urxencia informaban ao 112 Galicia dun accidente con feridos e atrapados no punto indicado.

A partir de aí, dende o CIAE informouse da situación aos Bombeiros de Arteixo e aos axentes de Tráfico. Unha vez no punto, os Bombeiros indicaron que liberaran a un varón do interior dun dos dous vehículos implicados. Ademais, un remolque tamén se viu implicado no accidente.

A colaboración dos membros de Protección Civil da localidade e a do persoal do servizo de mantemento da estrada tamén foi requirida 112 Galicia. 

Comentarios
Lo más