Unha nova borrasca chega a Santiago nas últimas horas do día
A partir do mediodía as nubes baixas e as chuvias entrarán pola provincia da Coruña e cara á noite chegarán a toda Galicia
O mércores Galicia queda na influencia das baixas presións localizadas ao norte de Gran Bretaña que enviarán unha fronte ao final do día.
Así, durante a mañá os ceos estarán alternando nubes e claros con bancos de néboa en comarcas do interior.
A partir do mediodía as nubes baixas e as chuvias entrarán pola provincia da Coruña e cara á noite chegarán a toda Galicia.
As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas quedarán sen cambios significativos ou mesmo terán lixeiros ascensos.
O vento soprará frouxo de compoñente norte.
A temperatura máxima que acadará a capital de Galicia será de 25º mentres que a mínima quedará nos 13º