Nova morte nas praias galegas durante o mes de agosto
Un home perdeu a vida durante a tarde de onte na praia de Tanxil, en Rianxo
Un home perdeu a vida esta tarde en Rianxo, na Praia de Tanxil. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, todo apunta a que o varón sufriu unha indisposición mentres se atopaba no mar. Os demais bañistas o encontraron aboiando na auga e o levaron á beira, onde tentaron reanimalo.
Varias persoas particulares contactaban co 112 Galicia ás 17:30 horas para dar conta dos feitos e, decontado, dende o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso a Protección Civil, á Policía Local e ao 061-Urxencias Sanitarias, que desprazou o helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o areal.
Unha vez na praia, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.
GALICIA: COMUNIDADE CON MÁIS MORTES NAS PRAIAS
Galicia convértese na comunidade con máis mortes por afogamento durante o mes de xullo nas súas praias. Así o destaca o Informe Nacional de Afogamentos que elabora a Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo.
Foron recontadas 29 mortes durante periodo, a comunidade con máis mortes do estado español. Pese a iso, reducíuse o número de falecementos un 39% respecto ao ano anterior, cando se rexistrou un número récord.