O Concello reforzará o firme da estrada da Gándara na parroquia de Oleiros
Para o desenvolvemento desta actuación, cuxo importe ascende a 54.289 euros, IVE incluído, o Concello veu confirmada unha subvención de 44.867 euros
O Concello de Riveira informa de que ten previsto mellorar o firme da estrada da Gándara, sita na parroquia de Oleiros.
Para o desenvolvemento desta actuación, cuxo importe ascende a 54.289 euros, IVE incluído, o Concello veu confirmada unha subvención de 44.867 euros procedente da Consellería de Medio Rural no marco do Plan de mellora de camiños municipais 2018-2019.
O tramo do vial en cuestión presenta un firme en aglomerado asfáltico bastante deteriorado, cun ancho de rodadura variable.
O obxectivo fundamental que se persegue reside en reforzar o firme ao tempo que ampliar nalgúns tramos o ancho da calzada e para tal fin se aplicará unha nova capa de aglomerado asfáltico en quente.
Pluviais
Previamente, procederase á construción dunha rede de drenaxe de pluviais con tubo central de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro e imbornales nos laterais da calzada conectados a este tubo central.
O prazo de execución da obra é de dous meses.