miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Investigadores do IDIS publican un traballo sobre o avance dun tratamento para doentes tras un ictus

Investigadores do IDIS publican un traballo sobre o avance dun tratamento para doentes tras un ictus
Investigadores do IDIS publican un traballo sobre o avance dun tratamento para doentes tras un ictus

O Grupo de Neurociencias Clínicas do Hospital Clínico traballa dende hai anos na busca dun fármaco que axude a reducir as lesións neuronais tras un ictus, xa que os tratamentos actuais apenas poden beneficiar a un 20% dos doentes

revista oficial da Sociedade Americana de Neuroloxía, Annals of Neurology, situada entre as máis importantes no ámbito neurolóxico mundial, ven de publicar un estudo levado a cabo por investigadores do Laboratorio de Neurociencias Clínicas do IDIS, dirixido polos doutores Francisco Campos e José Castillo. Obtiveron resultados moi prometedores en doentes cun novo tratamento para o ictus. O artigo titúlase Validación clínica do atrapamento de glutamato en sangue no ictus isquémico.

O grupo do Laboratorio de Neurociencias Clínicas do Hospital Clínico de Santiago ven traballando dende hai anos no obxectivo de atopar un fármaco que puidese axudar a reducir as lesións neuronais tras un ictus. Buscaban un tratamento que puidese ser administrado a un gran numero de pacientes, xa que os tratamentos actuais apenas poden beneficiar a preto dun 20% dos doentes. O reto era acadar unha estratexia terapéutica que se puidese aplicar mesmo antes da chegada do doente a un centro hospitalario, é dicir nun centro de saúde ou no propio transporte sanitario, xa que poder administrar un tratamento nas primeiras horas é vital para reducir secuelas e mesmo para a supervivencia.

Comentarios
Lo más