Boqueixón abre o prazo de inscrición para as Actividades Físicas e Deportivas para adultos 2018-2019
Ofértanse catro disciplinas con sesións tanto no ximnasio municipal como en distintas parroquias
O Concello de Boqueixón vén de abrir o prazo de inscrición para as Actividades Físicas e Deportivas para adultos para o curso 2018-2019. Ofértanse un total de catro disciplinas (Pilates, Zumba, Bailoterapia e Ximnasia de Maiores) que cuxas sesións se desenvolverán tanto no ximnasio municipal (en O Forte) como en distintas parroquias (máis concretamente, en Ponte Ledesma, Lestedo, Camporrapado, Sergude e Lamas).
As inscricións para estas actividades, que se estenderán dende setembro de 2018 a xuño de 2019, deberanse formalizar Departamento de Cultura.
Dende o Concello recomendan inscribirse canto antes, xa que as prazas son limitadas.
Para poder realizar ditas actividades requírese un grupo mínimo de 10 persoas por grupo e un máximo de entre 15 e 20, dependendo do espazo no que se desenvolvan. Poderán participar nelas menores con idades comprendidas entre 15 e 18 anos, sempre que teñan autorización.