Baixan as temperaturas: Máxima de 26 grados para o día de hoxe en Compostela
06:52 06/08/18
06:52 06/08/18
En Compostela a máxima será de 26 grados e a mínima de 17 grados
O luns Galicia quedará cun réxime de ventos de compoñente oeste que aportará moita humidade especialmente ao litoral. Deste xeito, agárdanse a presenza de nubes baixas e brétemas costeiras nas provincias da Coruña e Pontevedra ao longo do día, mentres que os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados no resto.
Pola noite, a chegada dunha fronte moi pouco activa deixará algunha chuvia moi feble polo noroeste. As temperaturas descenderán entre moderadamente e notablemente na metade oeste, subindo lixeiramente no norte da provincia de Lugo. O vento soparará frouxo de compoñente oeste.
En Compostela a máxima será de 26 grados e a mínima de 17 grados.