A calzada Carme de Abaixo estará cortada ao tráfico os días 7 e 8 de agosto
06:30 06/08/18
06:30 06/08/18
Toda a circulación será desviada polas rúas de Monte Pío e Casas Novas
Con motivo de obras na rede de subministro de auga e sumidoiros, a calzada do Carme de Abaixo estará cortada ao tráfico o martes 7 e o mércores 8 agosto entre as 8:00 e as 20:00 horas.
Toda a circulación será desviada polas rúas de Monte Pío e Casas Novas. Este desvío tamén afectará á liña P1 do transporte urbano.
En calquera caso, a partir das 20:00 horas a circulación quedará restablecida ata o día seguinte.
O Concello de Santiago de Compostela prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.