miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

As piscinas descubertas municipais contan a día de hoxe con máis de 3000 carnés de usuario para este verán

As piscinas descubertas municipais contan a día de hoxe con máis de 3000 carnés de usuario para este verán
As piscinas descubertas municipais contan a día de hoxe con máis de 3000 carnés de usuario para este verán

O Concello de Ames expediu máis de 3000 carnés de usuario para gozar das piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro durante este verán

O Concello de Ames oferta este ano varios tipo de abono para que a veciñanza amesá poda facer uso das piscinas descubertas municipais: o familiar de tempada, o individual para toda a tempada, e o abono de tempada para menores de idade. Tamén hai abonos mensuais, ademais de facilidades para familias numerosas e con poucos recursos. A día de hoxe expedíronse 1143 abonos para un total de 3000 carnés de usuario das piscinas descubertas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro.

Horarios das piscinas

As piscinas descubertas municipais e a praia fluvial de Tapia abren ao público xeral desde mediados do mes de xuño. O horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns é de 11:00 a 21:00 horas, de luns a domingo, mentres que na praia fluvial de Tapia o horario de apertura é de 15:00 a 21:00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 11:00 a 21:00 horas. Durante estes horarios hai servizo de vixilancia e socorrismo. Estas instalacións estarán abertas ata o vindeiro 15 de setembro.

Cursos de natación e piragüismo

Máis de 30 nenos e nenas amesáns comezaron hoxe os cursos de natación que se desenvolven nas piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro. No pasado mes de xullo participaron nestes mesmos cursos uns 70 rapaces e rapazas, o que eleva a cifra de participación a máis de 100 usuarios/as. Ademais, nos cursos de piragüismo, que se levan a cabo na praia fluvial de Tapia, hai inscritos 35 rapaces e rapazas.

Durante todo o mes de agosto as piscinas descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán a máis de 30 nenos e nenas, que comezaron hoxe os cursos de natación organizados polo Concello de Ames. Ademais de gozar da auga, os rapaces e rapazas aprenden a nadar ou perfeccionar o seu estilo. O programa está dedicado a ocupar o tempo de lecer dos nenos e nenas durante as vacacións do verán. Deste xeito, tamén aprenden a practicar un deporte novo. Os cursos están organizados pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación da Coruña.

Ademais, estanse impartindo cursos de iniciación ao piragüismo na praia fluvial de Tapia. Nesta actividade están participando 35 usuario/as de entre 7 e 14 anos. Durante este mes de agosto as clases impártense os luns, mércores e venres, en horario de 16:30 a 17:30 horas. Os rapaces e rapazas que participan nesta iniciativa poden iniciarse ou perfeccionar a súa técnica.

Esta actividade está sendo impartida polo Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Comentarios
Lo más