Xosé Manuel Rodríguez clausura a primeira quenda dos cursos de verán de natación
06:30 02/08/18
06:30 02/08/18
Nesta primeira quenda, que terá continuación durante o mes de agosto, participaron algo máis de 50 menores en total
O concelleiro Xosé Manuel Rodríguez participou onte na clausura dos cursos de natación correspondentes ao mes de xullo. O acto de celebración tivo lugar na piscina municipal do Muíño, onde ademais de recibir o seu diploma e a súa medalla os nenos e nenas tamén foron obsequiados con lambetadas.
Nesta primeira quenda, que terá continuación durante o mes de agosto, participaron algo máis de 50 menores en total.