miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Aguiño acollerá esta fin de semana unha Ruta de Tapas Mariñeiras

Aguiño acollerá esta fin de semana unha Ruta de Tapas Mariñeiras
Aguiño acollerá esta fin de semana unha Ruta de Tapas Mariñeiras

En total son once os locais participantes e as tapas terán un custe de 1,5 euros

Este sábado e domingo 4 e 5 de agosto a localidade de Aguiño acollerá a primeira edición dunha Ruta de Tapas Mariñeiras.

En total son once os locais participantes e as tapas terán un custe de 1,5 euros. Poderán ser degustadas de 12 do mediodía a 3 da tarde.

Ademais, quen as probe poderá votar a mellor tapa mariñeira a través do móbil (cun código QR) ou ben na páxina web do Concllo. O establecemento gañador recibirá un premio.

Os establecementos participantes son:

- Tía Elisa

- O Porrón

- O Corno

- Illa de Monteagudo

- O Tallante

- O Vicanso

- Faro de Sálvora

- Bodegón

- A Chabola

- Chiri Rebalo

- Vitoria

Comentarios
Lo más