O BNG insiste que a mellor opción é a ‘remunicipalización’ da Escola de Música
06:30 02/08/18
06:30 02/08/18
O servizo xa foi de xestión directa “pois naceu con profesionais da banda municipal”
- Despois de ter coñecemento da resolución do Tribunal especial de contratación na que se lle obriga ao Concello a non exclusión a única oferta presentada ao concurso “Servizo de dirección pedagóxica, docencia e organización dos diferentes programas educativos e das actividades da escola municipal de música de Santiago de Compostela” e a retomar o procedemento de adxudicación coa realización dunha nova mesa de contratación.
- O grupo municipal do BNG insiste, e tal é como, xa o formulou cunha moción no pleno do mes de maio do actual ano , que se iniciaran, de urxencia os procedementos para asumir a xestión directa da Escola Municipal de Música co fin de ofrecer un servizo público de calidade que atenda os principios de equidade social e rendibilidade. A portavoz Goretti Sanmartín, insiste que este servizo xa foi de xestión directa “pois naceu con profesionais da banda municipal” A iniciativa fora aprobada cos votos do BNG e do PSOE, mentres CA e PP abstivéranse.
Goretti Sanmartín explicou que a EMM “non ten ningún dos problemas máis graves que tivo a remunicipalización da ORA, pois aquí non hai parquímetros, parcelas,... posto que todo o equipamento é municipal e só hai que contratar persoal” tamén a portavoz recalcou que “o compromiso claro de que os votos do BNG tenos asegurados para ‘remunicipalizar‘ a Escola Municipal de Música, polo tanto é unha decisión política de CA mais é evidente que optan por outra vía”