Compromiso pide a ampliación da piscina de Santa Isabel
"En plena tempada de competicións a piscina pecha quince días sin ningunha alternativa"
A agrupación local de Compromiso denuncia o malestar dos usuarios do complexo deportivo de Santa Isabel, xa que todos os anos, co peche da piscina cuberta do 1 o 16 de agosto, deixa sin alternativa aos usuarios e clubes que adestran todo o ano. Con máis de setecentos usuarios e máis de douscentos cursos ao longo do ano e varios clubes de triatlón, natación e waterpolo e sen ningunha outra opción no propio Concello, "non parece lóxico pechar durante quince días a piscina cuberta".
"Despois de poñer en coñecemento por escrito á dirección do complexo o prexuízo causado todos os anos co peche das instalacións, non se recibíu resposta por parte da empresa. A formación galeguista propón a construción doutro vaso, aproveitando a cuberta, para dar resposta a gran demanda de usuarios. Cómpre decatarse que esta medida tamén afecta negativamente aos mellores clubes de triatlón, waterpolo e natación de Galicia e que temos o orgullo de que residan na nosa cidade”.
"Se houbera outro vaso, podería pecharse alternativamente por mantemento, satisfaría a demanda existente, evitando que os nosos equipos e usuarios teñan que buscar unha piscina cuberta fóra do Concello”.