Persoal dos PACs de Santiago mobilizáronse esta mañá diante do CHUS
Denuncian a deixadez por parte do Sergas na negociación na que están inmersos
Os traballadores sanitarios dos PACS de Galicia, inmersos nun proceso de negociación coa Administración Sanitaria pola defensa e a mellora da asistencia sanitaria dos pacientes e das súascondicións laborais, denuncian a "deixadez" por parte do Sergas no desenvolvemento desta negociación, dilatando o proceso e ofrecendo poucas ou nulas posibilidades de avance.
Como mostra do desacordo coa actual vía aberta de diálogo, os traballadores reuníronse hoxe nas diferentes EOXI onde solicitaron formalmente que se axuste a xornada laboral ordinaria de forma inmediata segundo o reflectido no pacto 2008 sobre Ordenación en Provisión de postos de traballo no ámbito da atención primaria do Servicio Galego de Saúde.