miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Nace "A Xogada", a primeira aposta exclusiva do fútbol galego

Nace "A Xogada", a primeira aposta exclusiva do fútbol galego
Nace "A Xogada", a primeira aposta exclusiva do fútbol galego

Na aposta entrarán os partidos dos equipos galegos de 1ª, 2ª e 2ªB, pero o proxecto exténdese ós equipos de Terceira e Preferente co reparto de 2.000€ por club

Luckia e Real Federación Galega de Fútbol únense para poñer en marcha un inédito proxecto que ten como principal obxectivo a promoción do fútbol galego. Da man da Federación, a marca galega de apostas deportivas crea “A Xogada”, a primeira aposta exclusiva do fútbol galego, unha iniciativa que xa se porá en marcha en esta tempada que está a piques de comezar.

O presidente da RFGF, Rafael Louzán, e o vicepresidente de Luckia, José Alfredo González, asinaron onte pola tarde o contrato nun acto celebrada na sede federativa de Santiago e que contou coa presenza da maioría de representantes dos clubs galegos de Terceira División e Preferente Galicia.

“A Xogada” é un produto de aposta combinada que se referirá cada fin de semana ós partidos de equipos galegos que militan en Primeira División, Segunda e Segunda B. Pero desde un principio Luckia e RFGF quixeron facer extensible o proxecto ó fútbol modesto de Galicia, e por iso a Federación inclúe como beneficiarios do convenio ós equipos de Terceira División e Preferente, os cales colaborarán na difusión e promoción do produto, dándolle visibilidade nos seus eventos e nas súas instalacións. Esta será a primeira vez que os equipos de Preferente reciban unha axuda económica por parte da Federación. Rafael Louzán anunciou que a Federación repartirá 2.000 euros a cada un dos sesenta clubs das dúas categorías durante as dúas temporadas nas que se extende o contrato (18-19 e 19-20). Si ben as dúas partes confían no éxito da iniciativa e da conveniencia da renovación do acordo pasados esos dous anos.

Louzán agradeceu a aposta que realiza Luckia polo fútbol galego, remarcando que este “é un proxecto no que levamos traballando xa uns anos”, de feito tivo un recordó especial para Manuel Soage, quen fora iniciador do proxecto e asesor da RFGF, “que por desgracia xa non está entre nós”. O presidente da RFGF confía no éxito de “A Xogada” e agradece ós clubs a súa colaboración.

José Alfredo González, vicepresidente de Luckia, agradeceu a vontade de Louzán e a presenza dos clubs, destacando a aposta que a marca galega de apostas realiza desde o principio polo deporte galego, e “sentímonos especialmente satisfeitos de apostar tamén polo fútbol galego”.

Como participar?

Os apostantes poderán participar utilizando calquer terminal que Luckia ten distribuidas por toda Galicia. A aposta poderá realizarse ata que comece o primeiro partido dos que apareza na correspondente xornada. Para atopar a aposta simplemente haberá que acceder á oferta semanal de Luckia na que sempre aparecerá o produto “A Xogada”.

Comentarios
Lo más