miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un novo aparcadoiro disuasorio en Palmeira dará cabida a máis de 60 vehículos

Un novo aparcadoiro disuasorio en Palmeira dará cabida a máis de 60 vehículos
Un novo aparcadoiro disuasorio en Palmeira dará cabida a máis de 60 vehículos

Os labores de adecuación do terreo concluirán a mediados da semana que vén

A Brigada Municipal de Obras do Concello está a acondicionar unha finca de 1.500 metros cadrados situada en Palmeira que está previsto empregar como aparcamento disuasorio.

A parcela, situada na rúa do Norte, moi preto da praia da Corna, ten capacidade para uns 60 vehículos. Os labores de adecuación do terreo concluirán a mediados da semana que vén.

Deste xeito, sumarase un novo aparcadoiro disuasorio aos xa operativos en Ribeira (en Abesadas, Monumento, Agustín Fernández Oujo e avenida da Coruña) e Corrubedo (Buenos Aires). Non se descarta realizar algún máis nas próximas datas.

Comentarios
Lo más