miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Compromiso propón ampliar o tempo de estacionamento na zona ORA

Compromiso propón ampliar o tempo de estacionamento na zona ORA
Compromiso propón ampliar o tempo de estacionamento na zona ORA

Compromiso pide que se faga un estudo de usos de cada zona coas súas singularidades de uso, para que a ORA sexa un servizo que facilite as xestións diarias da veciñanza e traballadores 

Compromiso propón que a zona ORA, denominada zona xeral, volva a ser estacionamento de longa duración. Dende a formacion galeguista denuncian o malestar dos usuarios que, dende que Tussa se fixo coa xestion da ORA, na zona xeral non se pode renovar o tempo de estacionamento. Anteriormente era de 240 minutos, quedando reducido a metade e obrigando a mover os vehículos, causando complicacións, principalmente aos usuarios con negocios na zona do Ensanche e dos traballadores. 

Todos eles vense na obriga de mover o vehículo varias veces ao longo da xornada laboral ou obrigándoos ao uso dun aparcadoiro privado. Compromiso pide que se faga un estudo de usos de cada zona coas súas singularidades de uso, para que a ORA sexa un servizo que facilite as xestións diarias da veciñanza e traballadores, regulando o estacionamento segundo as necesidades de cada zona e “non unha ferramenta sancionadora e de recadación, xa que ao remunicipalizar o servizo esperábase unha mellora do mesmo, non un novo foco de problemas”.

Comentarios
Lo más