miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Partido Popular mostra a preocupación "polo deterioro do barrio das Fontiñas"

O Partido Popular mostra a preocupación "polo deterioro do barrio das Fontiñas"
O Partido Popular mostra a preocupación "polo deterioro do barrio das Fontiñas"

O PP de Santiago denuncia "o desleixo do Goberno Municipal que desatende os acordos plenarios acadados nos últimos tres anos e “abandona o barrio á súa sorte”

"O abandono do barrio de Fontiñas á súa sorte nos tres anos do Goberno de Compostela Aberta" motiva a edición dun novo díptico do Grupo Municipal do Partido Popular que esta mañá comezou a ser distribuído entre a veciñanza desta importante zona da cidade que concentra arredor de 10.000 habitantes. Esta iniciativa vén a darlle continuidade á intención dos populares de mostrar a abandono e a falta de atención a importantes zonas do Concello por parte do Goberno local, con accións de divulgación entre a veciñanza como a realizada na pasada semana no barrio de Vista Alegre, afectado por unhas “obras de nunca acabar”, denuncia o PP de Santiago.

Os populares dirixen agora a súa atención ao barrio das Fontiñas, para denunciar "a desatención do Goberno Municipal ás reivindicacións que se teñen presentado ante o Pleno e que, na maior parte, lograron o acordo do conxunto da Corporación, para executar diversas melloras, sen que ata o momento foran abordadas. Fronte a unha Compostela Aberta que está pechando este barrio ás portas do benestar, reclamamos a adopción de solucións aos problemas do barrio”, sinálase no texto, no que se matiza que “non se trata de proxectos imposibles nin de financiamento complexo, “simplemente, esiximos a execución de obras que son de xustiza, necesarias e imprescindibles”.

Entre as obras que se reclaman figuran a reparación dos muros que se manteñen apuntalados desde hai máis dun ano na rúa París e a diagnose integral do conxunto destes elementos de contención para garantir a súa seguridade, que foi acordada por unanimidade en xuño de 2017. Xunto a esta cuestión fundamental, tamén se solicita a retirada de cadros eléctricos en desuso, a creación dunha área libre de estacionamento de bicicletas substituíndo a vella estrutura de préstamo existente no frontal de Área Central, a reformulación do acceso e do aparcamento nos arredores do pavillón polideportivo, a renovación da rúa Atenas e un plan de inspección, conservación e mantemento de beirarrúas. Outras accións demandadas refírense a melloras nos bancos, as fochancas, os alcorques das árbores danados, o enlousado danado, as zonas verdes e os problemas que ocasionan as raíces das árbores e a falta de poda nas ramas que se achegan ás fachadas.

Para O Grupo Popular no Concello, ata o de agora os veciños e veciñas de Fontiñas “o único que recibiron de Compostela Aberta foi o abandono do barrio e a ameaza de convertelo nunha nova zona azul, polo que haberá que pagar cando queiras aparcar o coche” nesta zona.

O díptico ofrece distintas imaxes para ilustrar o abandono deste barrio durante os tres últimos anos pola desleixo do executivo municipal e remata cun código QR que enlaza cun vídeo de denuncia sobre todas estas deficiencias, distribuído a través das redes sociais.

Comentarios
Lo más