miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición para o Campus Polideportivo Volta ao Cole 2018

Aberto o prazo de inscrición para o Campus Polideportivo Volta ao Cole 2018
Aberto o prazo de inscrición para o Campus Polideportivo Volta ao Cole 2018

A Escola Deportiva Santiago organiza un ano máis o Campus Polideportivo Volta ao Cole, no que participarán nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade

Que mellor maneira de rematar o verán e prepararse para o regreso ás aulas que divertíndose facendo deporte? A Escola Deportiva Santiago organiza un ano máis o Campus Polideportivo Volta ao Cole, no que participarán nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade.

Con esta iniciativa, na que colaboran o Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña e Gadis, preténdese ademais ofrecer unha alternativa de conciliación para os pais e nais no final do período estival.

O Campus desenvolverase do 3 ao 7 de setembro no campo de fútbol de Villestro e o pavillón de Roxos en horario de 10:00 a 14:00 horas. Os pequechos practicarán fútbol, fútbol sala, bádminton, atletismo, xadrez, deportes alternativos como pode ser o béisbol e exercicios para mellorar a atención.

As inscricións poden realizarse por días soltos (18 euros por día) ou polo campus completo (60 euros). Hai descontos para segundos irmáns e familias numerosas (50 euros por neno). E un servizo de madrugadores desde as 9:00 horas por 5 euros. Estos prezos inclúen un seguro de accidentes deportivos.

Os interesados en inscribir aos seus fillos atoparán un formulario online na páxina web www.escoladeportivasantiago.org Se teñen algunha dúbida, poden dirixirse ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com ou chamar ao 697 408 573.

Comentarios
Lo más